sábado, 29 de enero de 2011

COMENTARIO DA ACTUACIÓN DE CHARAMELA

Este é o comentario que a A.C.R.V Francisco Lorenzo Mariño colgou na páxina do Concello de Riveira: 

O pasado 22 de xaneiro tivo lugar no Conservatorio de Aguiño a representación da obra de teatro "Se o sei non volvo á casa", un texto de Varela Buxán, a cargo do Grupo Charamela de Melide que o levou a escea con dez actores e actrices, unha coidada posta en escea e vestiarios ademais dunha fantástica interpretación que recibiu os parabéns do público asistente, pouco máis dun cento de persoas de todas as idades. Enviamos tres imaxes da representación que rematou ás 21:45 h.

Active Image



Active Image


Active Image

viernes, 28 de enero de 2011

DIRECTIVA DA "ASOCIACIÓN CULTURAL CHARAMELA

 PRESIDENTA: Mª DEL CARMEN GÓMEZ NEIRA


           VICEPRESIDENTA: Mª DEL PILAR LÓPEZ RÍO


SECRETARIA: Mª DEL PILAR VARELA URRUTIA


VICESECRETARIO: JAIME SOENGAS FERNÁNDEZ


TESOUREIRA:Mª JESÚS IGLESIAS SÁNCHEZ

VOGAIS:

DIEGO SÁNCHEZ GONZÁLEZ


JOSÉ M. VALIÑO VÁZQUEZ


MANUEL PUMAR COEGO

MARGARITA MÉNDEZ PINTOR

lunes, 24 de enero de 2011

AGUIÑO




O sábado 22 estivemos en Aguiño e a experiencia foi inesquecible por todo o apoio que recibimos. A actuación foi todo un éxito, tanto pola afluencia de público coma pola boa acollida que tivemos.
O grupo de escena, o decorador do escenario e os técnicos de luces e son recibiron múltiples felicitacións polo traballo que realizaran e todos regresamos a Melide contentos de ter levado o nome do noso pobo neste caso a este bonito pobo costeiro.
 









miércoles, 19 de enero de 2011

SAIDA A AGUIÑO

O sábado 22 de xaneiro o grupo de teatro ten unha saída a Aguiño coa obra “Se o sei…non volvo á casa”
Xa teredes información despois de cómo foi todo.
Un bico para todos.

O equipo de montaxe


   




SE O SEI...NON VOLVO Á CASA









 








O director do grupo de teatro
 
     


sábado, 15 de enero de 2011

CHARAMELA

A "Asociación Cultural Charamela" de Melide (A Coruña) empeza a súa andadura no ano 2004 coa posta en escea de "Almas sinxelas" de Prado Lameiro, para recadar fondos para a excursión de fin de curso dos nenos do Colexio Mestre Pastor Barral de Melide pero non é ata decembro do 2006 cando se constitue como Asociación Cultural.
Na actualidade o grupo de escea está formado por trece homes e nove mulleres.
O grupo de teatro aficionado de Charamela actuou coas obras "María Rosa" de Gonzalo López Abente, "Almas sinxelas" e "Todo ten goberno" de Prado Lameiro en Melide, Vila de Cruces, Cospeito, Caldas de Rei, Celanova, Toques, Burela, Cervo, Arzúa...
Tamén representou as obras de Nadal "Os pastores do val" en decembro do 2008, "A cerilleira" no Nadal do ano 2009 e "Unha historia de Nadal" en 2010.
Estrenou "Se o sei... non volvo á casa" de Varela Buxán o 12 de decembro do 2009, en Melide, e actuou en Toques, Teo, Aguiño... e xa ten programadas saidas a Boimorto, Santiso e Sigüeiro entre outras.
Na actualidade, o grupo está a ensaiar dúas obras, que pensamos estrear neste ano.

Creamos o "1º Encontro interxeracional Terra de Melide" en agosto do 2010, coa participación de persoas de todas as idades nos xogos populares, nun grupo de gaiteiros, no 1º certame de relatos curtos, nun grupo de músicos, nunha exposición de xoguetes e contos e na representación da obra de teatro "Dous vellos e unha soa soidade"

Contamos cun equipo de traballo que se dedica á organización dunha comparsa para o antroido, xa que nos parece interesante esta iniciativa para seguir loitando e que non se perdan as nosas tradicións e ao mesmo tempo cremos que é un vínculo de unión entre os amigos que formamos Charamela.

Tamén nos parece importante a participación dos nenos na nosa Asociación, e por iso contamos coa súa participación nas obras do nadal e pensamos realizar teatro destinado a eles.

Charamela tamén fixo, en catro ocasións, o "Troco" para os nenos con libros e xoguetes.

Realiza todos os anos cursos de perfeccionamento de teatro e tamén, algunhas veces, de manualidades.

Hoxe en día conta con máis de 180 socios.


1º Encontro Interxeracional "TERRA DE MELIDE"














  ALMAS SINXELAS


MARIA ROSA


TODO TEN GOBERNO


OS PASTORES DO VAL


A CERILLEIRA








UNHA HISTORIA DE NADAL






ANTROIDO 2009

Estas son algunhas das nosos fotos. Xa iremos poñendo máis...