martes, 12 de julio de 2011

II CERTAME DE RELATOS CURTOS E FOLLA INSCRICIÓN OBRADOIRO COCIÑA

Folla de inscrición para participar no Obradoiro Interxeracional de cociña
                                     
Participante:

Enderezo:
Idade:

N. º teléfono:

Solicito ser admitido/a para participar no “Obradoido Interxeracional de cociña” do día 14 de agosto de 12:00 a 14:00 h.




                                  En Melide, a_____de________________de 2011





II CERTAME DE RELATOS CURTOS DA “ASOCIACIÓN CULTURAL CHARAMELA”
 

BASES:
1.- Poderán concorrer todos/as os/as autores/as cun único relato curto, escrito en lingua galega e cada relato debe ser presentado por unha soa persoa. As idades irán desde os oito anos ata xente de avanzada idade.
2.- O contido do relato debe tratar sobre a relación interxeracional, e decir, a relación entre os maiores e
a
xente nova.

3.- Os relatos deben ser inéditos e ter unha extensión máxima de dúas páxinas, en tamaño DIN A4. Presentadas por triplicado, mecanografiadas a duplo espazo por unha soa cara, debidamente grampadas.
4.- Deberán ir sin sinatura, nun sobre pechado sen remite. Dentro irá outro sobre tamén pechado coa información sobre o autor/a ( nome, enderezo, teléfono) indicando no exterior únicamente o título do relato e a idade do participante.
5.- Os relatos entregaranse en:
- Farmacia Hnos López Río
- Muxica
6.- O prazo de presentación remata o día 31 de xullo de 2011.
7.- Haberá premios.
8.- Colocaremos carteis informativos sobre este certame.
9.- A entrega  dos premios terá lugar no “ II Encontro interxeracional” organizado por esta asociación, o día 14 de agosto de 2011.
 
               

II ENCONTRO INTERXERACIONAL TERRA DE MELIDE

A “Asociación Cultural Charamela” de Melide dando continuidade o Encontro Interxeracional iniciado o ano pasado, fará o 14 de Agosto o II Encontro Interxeracional  Terra de Melide que representa a colaboración, traballo, entretemento… entre persoas de tódalas idades.
Así que, Charamela, anímavos  a participar e podedes facelo, presentando un relato curto que trate sobre as relacións entre mozos e maiores, tamén ensinando as vosas habilidades na exposición de artesanía en pedra, coiro, madeira ou calquera outro material, participando na creación conxunta, entre persoas de todas as idades, de pratos de cociña ou participando no concurso "Ti si que vales" no que todos poidades demostrar como cantades, bailades, contades chistes, tocades algún instrumento musical ou facedes maxia, por exemplo.
Queremos facer do día 14 un día cheo de amizade e compañeirismo entre os nenos, os mozos, os adultos e as persoas maiores, aprendendo uns dos outros e conseguindo ter un día de diversión para todos.
Contamos contigo para encher Melide de diversión e momentos entrañables.

As bases dos concursos e a inscrición no obradoiro, podedes encontralas tamén en:
Farmacia Hnos López
Muxica
Nestes dous sitios poderás entregar as inscricións e os trabajos


                       BASES PARA A PARTICIPACIÓN NO CONCURSO

                                             "TI SI QUE VALES"
-          Poderán participar persoas de todas as idades

-   No concurso será admitida calquera modalidade ou especialidade (baile, canción, música,  chistes, maxia...)

-   Os participantes poderán concursar tanto de forma individual, parellas ou por grupos de non máis de 8 persoas.

-   A actuación terá unha duración máxima de 4 minutos, podendo reducir este tempo o xurado, se así o considera, durante esta.

-   O acompañamento musical por medio de CD será proporcionado polo/a participante e entregado á organización do concurso como prazo máximo o 5 de agosto do 2011

-   O xurado estará composto por cinco persoas

-   Repartiránse tres agasallos entre os tres mellores participantes.

-   A data do concurso coincidirá co día do II Encontro Interxeracional organizado pola Asociación cultural Charamela: 14 de agosto de 2011 e a folla de inscrición entregarase debidamente cumplimentar en Muxica ou en Farmacia Hnos López ou a través de correo electrónico accharamela052@gmail.com, rematando o prazo o 5 de agosto do 2011



      
                     

                      Folla de inscrición para participar no concurso
                                      "TI SI QUE VALES"


Participante:

Enderezo:
Idade:

N. º teléfono:

Solicito ser admitido para participar non concurso " TI SI QUE VALES"


·         INDIVIDUAL
·         PARELLA
·         GRUPO n.º de componentes__________


Na modalidade de____________________________________

E acepto ás bases polas que se regula ou devandito concurso.


                        En Melide, a_____de________________de 2011






                      Fdo.___________________________________